Hola rapaces, como todos vos daríades de conta, aqui abaixo á dereita hai unha lista das cancións máis escoitadas por min na semana pasada. Ben, ata aqui todo normal, peeero resulta que hoxe me din de conta de que aparece un artista cuio nome me resulta moi familiar.
Interesante verdade?? Bueno, pois nada máis darme de conta de que aparecía e que a súa descripción non estaba en Last.fm tiven que facerlle un favor á sociedade e completar ese vacío tan grande que se vía na páxina musical por excelencia da Web 3.0. Así pois este foi o resultado da miña intervención para un merecido artista:
Facede o favor e facede click sobre a imaxe, non ten desperdicio!!!

Érase unha vez na piscina municipal de Noia un atractivo e aposto rapaz de corta idade (sobre 14-15 anos) que se encontraba apaciblemente nadando un largo dunha pista de natación (piscina á qua acudira na compaña do seu primo) cando de súpeto... notou que lle faltaba o aire, que estaba baixo a auga, fallaranlle as forzas?? marearíase?? Terriblemente asustado comezou a axitar os brazos e a intentar ascender da profundidade como puido, pero éralle imposible salir de baixo daquel fluido infernal. Que sería a forza misteriosa e mística que non deixaba ó pobre rapaz saír da auga?? Dalí a un pequeno pero interminable momento foi quen de sair da auga e coller o aire dador de vida finalmente. Así como se dou zafado daquel agobiante momento oíu unha voz feminina, que proviña da pista na que iba, na dirección na que circulaba. Xa máis sereno e con aire novo nos pulmóns foi quen de albiscar á señorita de lixeiro sobrepeso que acababa de pasar sobre él cual apisonadora. Pfff que mal momento...
(Sinto a calidade da imaxe... non tiña tempo...)